Eleva a paisaxe cotiá, a escola, a casa, a biblioteca, á categoría de escenarios e faino sen alterar o que lles é propio: a sinxeleza e a proximidade…
(Juana Vázquez. Mestra, coordinadora dunha biblioteca escolar).
Deixádevos levar entre as diversas apariencias que tén a lectura. Gozade vendo, escoitando ou cantando…
(Manuel Cortés. Escritor, autor e membro de Chévere Teatro).
“BRINCA VAI!” é un libro para ler, ver e escoitar. Un feixe de cancións para toda a familia que de seguro vos acompañarán aló onde vaiades.
“Brinca vai!” É un camiño cheo de pasos grandes, pasos pequeniños, de carreiras e chimpos, de risas, de bailes, de notas , melodías, e sobre todo de xogos. De xogar a pensar … Por que non? De abrir os brazos e os ollos e realmente crer que hai un xeito diferente de facer as cousas.
Paco Nogueiras
“BRINCA VAI!” son 12 cancións para os 12 meses do ano, todas elas compostas e interpretadas por Paco Nogueiras nun amplo abano de estilos musicais: techno, rock, folc, reggae ou música electrónica. Velaquí uns petiscos:
- Brinca vai!
- No Samaín
- Rap do magosto
- Cos pés na terra
- O Apalpador
- Apertas que voan
- O Entroido move o corpo
- A palabra ten vida
- Nun libro …
- Augas que veñen e van
- Porque ven o verán
- Meu o mundo é!
“BRINCA VAI!” son 10 videoclips musicais divertidos e cheos de humor dirixidos polo Sr. Sagüillo e protagonizados por un Paco que nos achega a súa particular visión das estacións, da natureza, da lectura, da amizade, dos xogos e das celebracións propias do ciclo anual como o Nadal, o Entroido, o Samaín…. Como mostra deixámosvos este extracto do traballo:
“BRINCA VAI!” é tamén ilustración da man de David Pintor, que é quen de trasladarnos a través das súas imaxes e caricaturas todo o dinamismo e expresividade do entrañable personaxe do chapeu azul.
“BRINCA VAI!” chega aos lectores e lectoras da man de Kalandraka que suma o seu traballo ao dos autores para dar forma a esta proposta chea de amor e respecto pola nosa lingua e pola nosa cultura.
Podedes descargar a reseña aquí.