Como complemento aos consellos recollidos no BRINCA VAI! o Sr. Sagüillo achegaravos moitos máis trucos interesantes que vos axudarán a mellorar as vosas gravacións. Preparados? Velaí van!
Consello nº 1: Como editar os voso videos
O proceso de edición consiste en xuntar os planos gravados na orde que precisedes para que o vídeo teña sentido e se entenda ben o que queredes contar. Ese será o obxectivo, o que no cine se chama montaxe.
Existen numerosos programas de edición de vídeo que, básicamente, permiten cortar e pegar uns planos cos outros, ordenalos nunha liña de tempo, engadirlles efectos, transicións e ata un arquivo de audio, algo que será moi interesante se o que queremos é facer un video musical. Podedes comezar a facer prácticas cun programa de moi fácil manexo e que seguro moitos tedes xa no voso PC: o Windows Movie Maker. Buscédeo e se non o atopades podedes descargalo gratuitamente dende este enlace.
Cousas a ter en conta:
- Lembrade que é importante que o vídeo vaia ao ritmo da música, sobre todo se facedes primeiros planos.
- Se tedes dúbidas á hora de elixir un plano optade sempre polo máis divertido!
- Podedes gravar tantos planos coma queirades pero cando os editedes unha boa forma de comezar é recortalos cunha duración parecida. Isto fará que o vídeo teña un boa base rítmica.
- Podedess usar transicións dun plano a outro pero o meu consello é usalas o menos posible.
- Un recurso sinxelo e moi divertido e aumentar a velocidade do plano a cámara rápida.