UNHA NOVA ACHEGA D@S NEN@S
Queremos presentarvos un fermoso caligrama coa letra do “Rap do Magosto” que con tanto agarimo fixeron na EEI O Areal de Sabaris en Baiona.
Castaña, castaña … do chan se apaña!
Marabilloso! Bravo!
PEDRO DENDE EXTREMADURA “UN GRAN BRINCADOR”
Temos o gran pracer de presentarvos a un gran amigo e “brincador”. O seu nome é Pedro, ten catro anos, e vive en Extremadura, aínda que él dí que é “galemeño” (metade galego, metade extremeño). Mandou dous audios moi fermosos que queremos compartir con tod@s vós. Veredes que ben canta! Bravo Pedro! todos brincamos contigo porque … Teu o mundo é!
Pedro cantando “Brinca Vai!”
Pedro cantando “Meu o mundo é!”
____________________________________________________________________________
Recollemos coma castañas as opinión dos nenos e nenas arredor de Paco e do seu “BRINCA VAI!”. Enviádenos as vosas suxestión e comentarios. Velaquí os primeiros:
Gústame porque baila. Mariana
…porque me gustan as súas cancións, porque as escribe el e porque me gustan. A que máis me gusta é a das castañas. Pablo Paz.
Gústanme as súas cancions. Fabio.
A min non me gusta porque sempre trae un gorro e gústame porque nos videos fáinos rir. Xiana.
Gústame Paco polas súas cancións e porque a súa voz me gusta moito. Álex.
Porque me gustan moito as súas cancións, todas. Carolina.
Porque me gusta a canción “Cos pés na teeerra”. Noa.
Ten una voz incrible e gústanme a súas cancións. Tincho.
Gústanme as súas cancións, gústanme os videos de cantar e bailar así!. David.
Porque ten una voz moi graciosa. Alejandro.
Encántanme as súas cancións. Uxía.
Gústame moito o seu chapeu e tamen porque me fai rir. Leticia.
Gústanme as súas cancións, a dos pés na terra é a miña favorita. Pablo Montero.
Gústame porque ten moitas cancións. Fabián.
Gústame porque fai cancións moi bonitas…e baila! Lucía Molinos.
Gústame porque me gustan as súas cancións. A miña favorita son todas! Laura.
Gústame, canta unas cancións moi bonitas. Saray.
… e simpáticas. Fabio.
… ou graciosas. Alejandro.
Porque me gustan moito as súas cancións. Nicolás.
Porque me gustan as súas cancións. A miña favorita é “O antroido move o corpo”. Estou desexando ver o disco porque saímos nós! Roi.
Porque me gustan as cancións. Alba.
Aula de 4 anos
CEIP Pedrouzos
Este foi o agasallo que, de novo, os nenos e nenas de 4 anos do CEIP Pedrouzos lle tiñan reservada a Paco na súa visita ao centro. Mirade os debuxos ate o final e veredes aos artistas en acción: Brinca vai!!!!!
E que sorpresa nos deron no CEIP Ana María Diéguez de Asados! Unha chea de sombreiros cheos de mensaxes para Paco. E que a grabación do “Brinca vai!” na escola deu para moito. Moitas grazas por acollernos e por este agarimoso detalle.
Eu tamén quero velo.Saleta.