VIDEOS DOS NEN@S

Aos nen@s do CEIP Manuel Sueiro encántalles os libros. Tanto, tanto … que lles cantan a canción “Nun libro…”

O CEIP nº1 de Tui tamén quere cantar ben alto. Porque … Deles o mundo é!

Siguen chegando videos cheos de boa música. Nesta ocasión @s nen@s do CEIP de Tenorio fieron este “brincador” traballo. Marabilloso!!!

Nesta ocasión @s nen@s de infantil e primaria do CPI de Pontecarreira quixeron cantar, bailar e dar apertas a esgalla. Porque tí es o meu amigo … Bravo!

Despóis do Nadal, chegamos a unha das principais datas do ano, o día da Paz. No CEIP Balaídos  celebrárono lendo un manifesto, elaborado polos alumnos de 6º, unha solta de pombas e a interpretación dun tema en lingua de signos, “Apertas que voan” do disco Brinca Vai!. Noraboa!

No CEIP Valle Inclán de Vigo coa colaboración de Pablo Peccatiello e o intérprete de Lingua de Signos Española Rubén Vázquez Santos, fixeron un video marabilloso digno de admiración. Un pracer que se baile e se cante “O Apalpador” en tódalas línguas posibles.

Grandes brincadores!!!

“No Samaín”  adaptada a Lingua de Signos para ser cantada e signada para todo o alumnado, por AZ Lengua de Signos. Cousas bonitas que temos o pracer de partillar. Bravo!!!

Na ludoteca do CEIP Ramón de La Sagra da Coruña  cantaron e bailaron “Cos pés na terra”

A xente miúda do CEIP Balaídos de Vigo quixeron festexar as Festiletras facendo o propio coa peza “Meu o Mundo é!”

Tamén no CEIP Wenceslao Fernández Flórez @s nen@s de 3º fixeron seu o mundo co “Meu o mundo é!” Vaia artistas!

Grazas a tod@s! Sodes grandes brincadoras e brincadores !!!

O CPI do Toural tamén quere cantar en galego e brincar con tod@s cun sorriso enorme na boca. Bravo pola xente brincadora e en…cantadora! Bicos a mares, porque deles o mundo é!

A Escola Infantil de Vixoi de Bergondo teñen os pés na terra. Senón … botade un ollo e poderedes comprobar canta enerxía teñen esta xente miúda. Grazas por tan fermoso agasallo!

Está máis que claro que o mundo é da xente miúda. Mira que fermosura de video fixeron @s nen@s e mestras da escola de Silvoso, no CRA de Bergondo. Vivan @s “silvosiñ@s”!!          A brincar!

No CEIP Escultor Acuña de Vigo fan un traballo marabilloso! Para celebrar a Paz no 2016 fixeron unha adaptación á lingua de signos da canción APERTAS QUE VOAN.
Xa podemos ir practicando! Bravo!

As nenas e nenos de 5º de Primaria do C.E.I.P. Viñagrande-Deiro, queren desexarvos que pasedes un BO NADAL e que vos traian moitos agasallos. E para eso bailan a canción de “O Apalpador”, xa sabedes … ide preparando as barrighiñas.

E seguimos rapeando co magosto. Quen se pode resistir a esta “marcha”? Aquí non podemos. Os nenos e nenas de 1º A do CEIP Antonio Palacios de Porriño teñen moito ritmo, sí señor.

Son varios os videos que achegan os rapaces e rapazas dos distintos centro de Galiza. E todos con moito humor e moita arte. Como é o caso dos rapaces e rapazas de 2º do CEIP Outeiro das Penas de Cesantes (Redondela) coa canción do “Rap do magosto” . A bailar!

Que mellor xeito que comezar este novo curso con ganas de cantar e bailar. Nesta ocasión a ritmo de rap, pois achéganse os magostos, e no CEIP San Bartolomé – Tremoedo realizaron este marabilloso Karaoke para animarvos a tod@s a mover o corpo.

Castaña, castaña … do chan se apaña!  Bravo por eles!

Con motivo do Día das Letras Galegas este ano 2015 os nenos e nenas do CEIP Milladoiro de Malpica fixeron un vídeo para homenaxear a vida das palabras da nosa terra, a través da canción A palabra ten vida de Paco Nogueiras de Brinca Vai!

Neste vídeo os nenos e nenas do CEIP A RÚA interpretan algunhas das cancións do libro CD “BRINCA VAI” de Paco Nogueiras, que actuou no noso centro con motivo da celebración do día das LETRAS GALEGAS. Esperamos que vos gusten!!

No CEIP Raquel Camacho bailan e cantan “Meu o mundo é” grandes e pequenos. Viva brincadores e brincadoras!

As rapazas e rapaces do CEIP Juan Fernández Latorre fixeron un traballo marabilloso. Aquí tedes o resultado. Bravo!

Máis achegas brincadeiras. Nesta caso os rapeces e rapazas da Escola de >Música de Meaño (dirixidos por Vanessa Dopazo). Grandes brincadores e fermosa versión!

A Biblioteca do CEIP Piñeiros de Narón e tod@s @s nen@s fixeron un marabilloso videoclip co tema “Porque ven o verán” do Brinca Vai!. Bravo por eles!

Os rapaces e rapazas de 3ºB do CEIP San Xosé Obreiro de Meicende- Arteixo, quixeron dar tamén “Apertas voadoras”. Bravo!

Marabilloso que tanto nen@s e mestres traballen, canten e brinquen co Brinca Vai!. Toda unha honra estar presentes nas celebración do Día da Paz .Moitas grazas.  Voso o mundo é!

Novas achegas d@s nen@s! No CEIP a Doblada celebraron o Samaín cantando “No Samaín”.         Dous fermosos videos para que bailedes de medo! Grazas!

As creacións de “BRINCA VAI!” serven de inspiración para cantar e bailar. Seguide as indicacións do Sr. Sagüillo  e dade renda solta á vosa creatividade. E como mostra….

Os nen@s de 2º de Educación Primaria do CEIP Santiago Apóstolo de Franza-Mugardos fixeron a súa versión do tema “Nun Libro”. Grandes cantantes e grandes brincadores!

Alumnos e alumnas do CEIP San Xoán de Becerreá. Moitas grazas por esta versión do “Meu o mundo é!” Animádevos a cantar!

CEIP Ana María Diéguez de Asados (Rianxo), versión Orff do tema No Samaín. Un luxazo!

Recén descubertos! O baile do Rap do Magosto e Meu o mundo é! polos nenos e nenas do CEIP A Doblada. Estupendos!

Os nenos e nenas do CEIP Victor Sáenz cantan e bailan Nun libro …

Xa ves,  xunta aos amigos, collede cámara, ordenador e… ACCIÓN!

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: